4gotas

Os inicios

En maio de 2012, catro amigos xúntanse para crear unha empresa...

Tras botar en falta a personalización dos produtos meteorolóxicos, acordaron ofrecer servicios océano-meteorolóxicos mediante un enfoque fresco, diferente, cercano, creativo, mantendo rigurosidade, excelencia e profesionalidade.

Así naceu 4gotas atmósfera & océano.

Moito máis

ca unha web do tempo

O equipo

Beatriz Hervella Nogueira

Máis de 10 anos de experiencia na elaboración e difusión de información océano-meteorolóxica a través de MeteoGalicia e da Televisión de Galicia.
Experiencia en modelización numérica con participación activa en proxectos internacionais de investigación meteorolóxica (MEDEX).
Máis de 5 anos de experiencia en xestión, almacenamento, explotación e xestión de datos meteorolóxicos e en desenvolvemento web, coordinando durante 1 ano o departamento de Visualización de MeteoGalicia.

Carlos F. Balseiro

Máis de 10 anos de experiencia coma coordinador do Departamento de Investigación en Predición Numérica de MeteoGalicia.
Experiencia na presentación de espazos de información océano-meteorolóxica na Televisión de Galicia.
Participación activa en tarefas de coordinación e liderado de proxectos internacionais.

Tamén fixeron 4gotas

Pablo Carracedo García

Eduardo Penabad Ramos

Empresa

Articulada en 4 seccións, servizos audiovisuais, consultora océano-meteorolóxica, aplicación para dispositivos e servizos web, 4gotas combina o rigor dos centros meteorolóxicos e as posibilidades creativas que ofrecen as novas tecnoloxías da comunicación.

Servizos audiovisuais

Falto de ideas? Aburrido de ver a mesma información metereolóxica sempre? Darémosche alternativas mantendo rigor e excelencia.

Consultora oceanográfica

A nosa experiencia aválanos. Modelos oceano-meteorolóxicos de alta resolución, circulación en rías, atlas eólicos, plans de continxencia marítimos, estudos climáticos...

Aplicacións para dispositivos

A méteo como nunca a viras. Prepárate para informarte e disfrutar, todo a través dun mesmo clic.

Contidos web

www.4gotas.com Predición marítima e terrestre, predición en 10 segundos, biometereoloxía, organízate coas nosas alertas, videoblog e moito máis...

Servizos

Proximamente en 4gotas atmósfera & océano: consultoría meteorolóxica, consultoría oceanográfica, ademais de contidos e servizos web.
Anterior Seguinte

Por qué 4gotas?

10 motivos para convencerte

Web de 4gotas. Parte 1

Descrición da web de 4gotas.

Web de 4gotas. Parte 2

Descrición da web de 4gotas.

O mar

Todo o que 4gotas é capaz de facer no mar

A meteo

Todo o que 4gotas é capaz de facer en temas de meteoroloxía

Cómo se fixo

Descúbre como chegamos ata aquí!

Contacto

República Checa, nº 40 - 15707
Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, A Coruña
(+34) 981 551 730
info@4gotas.com
www.4gotas.com